martes, 4 de febrero de 2014

Monitores LED

Unha pantalla LED é un tipo de pantalla LCD, aínda que se diferencia desta en que, no caso da pantalla LED, a iluminación recibida da parte traseira obtense a través de dispositivos LED, en troques das lámpadas fluorescentes das pantallas LCD.
A tecnoloxía deste tipo de pantallas baséase na utilización dunha substancia líquida atrapada entre dúas placas de vidro, de xeito que, cando se aplica unha corrente eléctrica a determinada zona, esta vólvese opaca e contrasta coa iluminación traseira.
Estes LEDs distribúense en paneis ou módulos compostos de varios LEDs RGB (do inglés red, green, blue, as tres cores primarias, vermello, verde e azul)dispostos en forma de matriz para conformar o píxel có que se poden formar diferentes tipos de imaxes, desde simple caracteres, textos e incluso vídeos. Cando se determina a que píxel se lle quere dar cor excítase unha das tres substancias que contén cada cédula facendo que adopten unha das tres cores básicas. A corrente que chega a cada píxel determina a saturación para cada cor, facéndose así posible reproducir unha gama de máis de 16 millóns de cores. Este proceso repítese cada vez que cambian as imaxes na pantalla. Isto da lugar a unha maior uniformidade do brillo e de intensidade, alcanza o seu punto máximo de brillo moito antes que outras pantallas. Aumento do contraste dinámico, manexo máis depurado da luz por zonas e procesamento da cor, con negros e brancos de maior intensidade

Vantaxes:
  • Ampla variedade de tamaños
  • Non reflicten a luz do ambiente.
  • Vénse ben desde distintas angulacións.
  • Larga vida dos díodos.
  • Aforro enerxético.
  • Mellor visualización: debida ó uso da chamada tecnoloxía estática, na que a pantalla non se actualiza, senón que permanece quieta ata que recibe a orde da computadora de cambiar de cor, deste xeito o ollo humano traballa menos e non se cansa a vista.
  • Maior resolución: Un píxel é cada un dos puntos de cor da pantalla, a resolución é a cantidade máxima de píxeles que se poden despregar na pantalla.
  • Numerosos extras: Capacidade para 3D, soporte Wi-Fi, entradas USB...
  • Múltiples usos: Televisores domésticos, pantallas xigantes (móntanse por módulos ou gabinetes) e incluso pantallas exteriores que teñen que ser protexidas contra danos producidas polo medio, como o calor/frío, o po, o vento e a chuvia, ...

Bibliografía:

No hay comentarios:

Publicar un comentario