viernes, 7 de febrero de 2014

Impresoras 3D

  
   Unha impresora 3D é unha máquina capaz de realizar "impresións" de deseños en 3D, creando pezas ou maquetas volumétricas a partir dun deseño feito por ordenador. Xorden coa idea de converter arquivos de 1D en prototipos reais en 3D. Na actualidade son utilizados para a fabricación prototipos de pezas ou compoñentes, en sectores como a arquitectura e o deseño industrial.


Actualmente no mercado existen dous tipos de impresoras 3D que son as seguintes:


     -Impresoras 3D de Adición: nas que engadindo o material se vai imprimir por capas (tamén se chaman "de inxección de polímeros")

     -Impresoras 3D de Compactación: nestas, unha masa de po compáctase por estratos (capas) e dentro deste método clasifícanse en 2 tipos: as que utilizan Tinta ou as que utilizan Láser. As primeiras utilizan unha tinta que aglomera o po para que sexa compacto e esa tinta pode ser de diferentes cores para a impresión en diferentes cores. As segundas utilizan un láser que lle dá enerxía ao po facendo que este po se polimerice e logo somérxese nun líquido que fai que se solidifique.



      Créase un "mapa" do obxecto a imprimir con axuda dun software de modelado dixital. O programa divide o obxecto en seccións para que lle sexa máis doado á impresora procesar a información. Isto pode facerse na casa dende unha computadora, ou ben pódense descargar deseños pre-feitos.

     2º O deseño é enviado á impresora 3D baixo a extensión de arquivo estándar. STL (stereolitografía). Unha vez completado este paso, elíxese o material que se utilizará dependendo da impresora. Empréganse variedades de plástico, papel, goma e diversos metais.
     3º Aqui empeza a traballar a impresora, expulsa un material fundido sobre un espazo plano que debe ser expelido en fíos minúsculos para poder solidificarse nada máis caer á superficie.Cada capa mide aproximadamente 0.1 mm. O expulsor irase movendo para que o material sólido vaia tomando a forma de cada capa.









No hay comentarios:

Publicar un comentario