O meu estilo favorito de música e o rock que ten os seus orixes nas décadas dos 50 e 60 sobre todo en Reino Unido e os Estados Unidos onde evolucionou a partir do country e o blues, pero tamén esta influenciado polo folk, o jazz e incluso a música clásica.
Os sons do rock soen xirar sobre a guitarra
eléctrica ou acústica, (un elemento moi caracterizador deste tipo de música) habitualmente ten unha forte sección rítmica formada polo
baixo, a batería, e instrumentos de teclado coma órgano, piano ou, dende
os anos 70, os sintetizadores (que crea sons mediante a manipulación directa de correntes eléctricas). Xunto coa guitarra ou os teclados, ás
veces tamén son usados como instrumentos solistas o saxofón ou a
harmónica cun estilo máis achegado ao blues.
Un dos grupos máis destacados é Dire Straits, fundada en Newcastle (Reino Unido) no ano 1977 por Mark Knopfler, en 1985 lanzaron un album moi exitoso Brothers in Arms que incluía a famosa canción Money for Nothing na que participou como cantante Sting xunto co habitual cantante do grupo. Finalmente foi disolto en 1995.