Os sons do rock soen xirar sobre a guitarra eléctrica ou acústica, (un elemento moi caracterizador deste tipo de música) habitualmente ten unha forte sección rítmica formada polo baixo, a batería, e instrumentos de teclado coma órgano, piano ou, dende os anos 70, os sintetizadores (que crea sons mediante a manipulación directa de correntes eléctricas). Xunto coa guitarra ou os teclados, ás veces tamén son usados como instrumentos solistas o saxofón ou a harmónica cun estilo máis achegado ao blues.

Un dos grupos máis destacados é Dire Straits, fundada en Newcastle (Reino Unido) no ano 1977 por Mark Knopfler, en 1985 lanzaron un album moi exitoso Brothers in Arms que incluía a famosa canción Money for Nothing na que participou como cantante Sting xunto co habitual cantante do grupo. Finalmente foi disolto en 1995.